
Segundo o presidente da compañía, Jerry Shen, o novo produto podería verse a finais de ano, e desenvolveríase en dúas direccións: un modelo económico e outro premium. Posiblemente tamén retomarían a idea da dobre pantalla (para semellar máis un libro tradicional) e buscaría un equilibrio entre características e prezo, aínda que pensar que poida ser o máis barato do mundo resulta difícil de crer se consideramos que o COOL-ER véndese a 225 euros, aínda que o truco podería estar en que poderían estar a traballar en dispositivos que non dependan da tecnoloxía de papel electrónico, senón en pantalla de cor de baixo consumo (o que abriría moitas posibilidades, aínda que sacrificando autonomía). ¿Poderán trasladar a fórmula dos Eee PC aos dispositivos de lectura de e-books?.
Asus podería revolucionar o sector dos lectores de e-books
Compartir Este Artigo
