Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova demanda á Wikipedia por ofrecer información supostamente deformada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova demanda á Wikipedia por ofrecer información supostamente deformada

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/09/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

wikipedia-2-ba7a6.jpgEn ocasións, o coñecemento é unha lousa. Ter lido moito non nos sitúa en posesión de toda a verdade… nin tampouco o contrario. A cousa se complica cando falamos de varias persoas achegando información, tendendo a pornos ao límite da vertixe cando do que se trata é dunha comunidade internauta por enteiro subministrando datos. Que isto xere vantaxes e inconvenientes é case inevitable. Así llo debe parecer a unha boa parte dos internautas logo de asistir aos ataques da filla adoptiva de Jacques Chirac contra un dos grandes símbolos do coñecemento colectivo en liña: a Wikipedia. Segundo se conta en Silicon News Francia, as queixas xa remataron en demanda en toda regra contra a enciclopedia en liña. A razón? Ao parecer, Anh-Dao Traxel (a filla de Chirac, quen foi presidente de Francia) non viu con bos ollos a reconstrución da súa vida achegada pola Wikipedia, máis en detalle o período que abrangue entre o seu casamento e o seu divorcio.
Segundo informa Traxel, a información que subministra a enciclopedia está deformada, xa que segundo se conta nela, a demandante tería abandonado aos seus fillos e mans do seu home, sendo o seu obxectivo refacer a súa vida co seu segundo marido e así gozar do seu apelido e das vantaxes ligadas ao mesmo. Para Traxel, como se pode supoñer, a realidade é outra.
Porén, a Wikipedia nin lle dá nin lle quita a razón, pero deixa claro que ela non é responsable do artigo senón máis ben a persoa que o redactou e que se agocha baixo o pseudónimo Homminex. Asemade, advirte que este tipo de situacións van camiño de chegar á súa fin coa posta en marcha dunha serie de medidas que contribúan a verificar a información, como por exemplo a aplicación de cores distintivas que sirvan para dar conta da fiabilidade do texto e deixen fóra de xogo aos internautas que non se cinguen á verdade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
huawei_1025317153-2172920907-1542614188427.jpg
Actualidade

Condena xudicial a Huawei nos EE.UU.

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?