Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AGESTIC pon en marcha o seu programa de promoción dixital a través do Camiño de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AGESTIC pon en marcha o seu programa de promoción dixital a través do Camiño de Santiago

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

agestic_zubiri-2.jpg A Asociación Galega de Empresas TIC (AGESTIC), e máis a Fundación Tecnoloxía Social teñen programada e ultimada xa unha nova etapa do seu esforzo conxunto a prol dunha Rede para todas e todos, sen atrancos e con posibilidades plenas de mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional. Se hai algúns meses falabamos nesta web de eventos como a chegada a Santiago (na imaxe) do cantante invidente Serafín Zubiri con motivo da presentación do navegador Kapten (presentación e visita promovidas por AGESTIC e a dita Fundación), agora toca falar da iniciativa O Camiño dos Satélites, un programa apoiado polo Xacobeo e que comeza a dar os seus primeiros pasos o sábado día 3 en Roncesvalles.
Segundo informa AGESTIC, trátase dun percorrido polos primeiros treitos do Camiño (dende Roncesvalles a Zubiri) no que participan o presidente da Fundación, Enrique Varela, o presidente da organización galega (José María López Bourio) e o devandito artista Serafín Zubiri, face visible do proxecto e, a xuízo da organización do programa, un dos grandes valedores do potencial das novas tecnoloxías dixitais como elementos de mellora e autonomía para persoas con diversidade funcional.
De feito, a idea básica é arroupar ao cantante, gran afeccionado aos deportes, no seu percorrido polo Camiño. Por certo que ao longo do mesmo terá ocasión de facer uso continuo de diversas tecnoloxías de guía encamiñadas a facilitar o itinerario ata onde sexa posible. O proxecto piloto, ademais, insírese dentro das actividades da cuarta edición da Media Maratón ao que se agarda asistan máis de 900 persoas.
O Camiño dos Satélites, engade AGESTIC, está proposto como unha iniciativa que sirva non só para o Xacobeo 2010, senón que teña continuidade de emprego pola gran cantidade de persoas que teñen algún tipo de diversidade funcional e que nun intre das súas vidas deciden facer o itinerario xacobeo “atopando axudas tecnolóxicas dirixidas a darlles moitas facilitades para chegar a Compostela”.
A proposta contará cunha rede social propia de seu, espazos en Facebook e Twitter e bitácoras en liña para as persoas que apoien o proxecto ou participen nel e teñan ocasión (deste xeito) de achegar as súas impresións sobre a ruta e sobre os recursos dispoñibles da mesma, o clima, as condicións, etc.
Asemade, contarase co aval da devandita tecnoloxía Kapten, unha ferramenta que está a promover a Fundación Tecnoloxía Social a través da firma Social Tennyus e que achega grandes e variadas utilidades tanto para peregrinos invidentes como para camiñantes ou ciclistas en xeral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?