A versión internacional do Amazon Kindle comeza hoxe a venderse con normalidade por 279 dólares (que con portes e gastos arancelarios acaba saíndo por uns 232 euros dende España), pero este lector de libros electrónicos non serve só para mercar e ler novelas, senón que a súa conexión de banda larga móbil (3G) tamén serve para subscribirse á prensa, e aínda que inicialmente as únicas cabeceiras españolas que permitían tal opción eran El País, As e Diariocrítico, agora é El Mundo o que acepta subscricións mensuais por 19,99 dólares (12,71 euros), podendo tamén adquirirse exemplares soltos por 1,49 dólares (0,67 euros). Nas vindeiras semanas, os diarios Expansión e Marca tamén sumaranse á Kindle Store.
Deste xeito, os subscritores a estes medios recibirán a partires das 7:30 horas un arquivo cunha versión dixital do xornais, que carecen de certos elementos gráficos da versión impresa, pero que son de cómoda lectura dende o Kindle de Amazon.

El Mundo tamén estará dispoñible no Kindle
Compartir Este Artigo
