Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro Gradiant dáse a coñecer polo miúdo á nova Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro Gradiant dáse a coñecer polo miúdo á nova Xunta

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/10/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gradiant_e_modernizacion.jpgA secretaria xeral de Modernización e Innovación da Xunta, Mar Pereira, vén de visitar as instalacións de Gradiant, centro tecnolóxico con sede en Vigo e dedicado a investigar as posibilidades das novas tecnoloxías no desenvolvemento da nosa terra, sobre todo as máis estreitamente ligadas á información. A cita de Mar Pereira co equipo humano de Gradiant celebrouse o pasado venres e o obxectivo da mesma foi darlle a coñecer á titular de Modernización os obxectivos xerais e os proxectos concretos nos que está a traballar o centro na actualidade.
Por certo que na xuntanza con Pereira participaron activamente os integrantes do equipo directivo de Gradiant, entre os que se incluíu Fernando Pérez, director xeral, quen estableceu diálogo a través de videoconferencia.
A reunión tamén serviu para que a secretaria xeral dese a coñecer as súas competencias e liñas estratéxicas e, en base a isto, preparar o terreo para máis que posibles proxectos compartidos. Na imaxe, Daniel Pereira (investigador do centro), amósalle á responsable da Xunta de Galicia en materia TIC a funcionalidade dunha pantalla táctil en proceso de desenvolvemento.
Despois da toma de contacto co equipo directivo, Pereira puído coñecer de primeira man as instalacións de Gradiant e máis as iniciativas nas que o centro está a traballar arestora, na súa meirande parte ligadas á innovación e ao pulo da investigación mesma. Sinalar que Gradiant foi presentado oficialmente en abril de 2007 a raíz dunha fronte de traballo colaborativa integrada pola anterior Xunta de Galicia, as tres universidades galegas e as empresas e entidades Arantia 2010, Arteixo Telecom, Eganet, Egatel, Gsertel, Indra/Soluziona, Ineo, R, Telefónica, Televés, Tele2-Comunitel e Tredess.
Máis polo miúdo, este escenario de investigación xurdiu coa finalidade de incrementar a investigación na Sociedade do Coñecemento nos eidos educativo, público e empresarial, sendo un dos seus grandes cometidos o de ligar na medida do posible os seguintes elementos: empresas, plataformas, clústers e Organismos Públicos de Investigación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026
Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?