Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Xacobeo 2010 terá presenza nas redes sociais e no novo audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Xacobeo 2010 terá presenza nas redes sociais e no novo audiovisual

Fernando Sarasketa
Publicado: 20/10/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xacobeo_2010_presentacion.jpgNon foi casualidade que o Xacobeo 2010 se presentase xustamente hoxe (día 20 do mes 10), nin que se elixise o Pazo de Congresos e Exposicións de Compostela (á beira do Camiño) nin que ao longo das sesións se fixese tantas veces fincapé en cuestións como espiritualidade, reflexión e solidariedade (tres piares do novo Ano Santo e basicamente tres piares pouco ligados a grandes gastos). Asemade, tampouco foi casual que se falase dos moitos camiños posibles que acompañan e complementan ao itinerario tradicional, incluídos os camiños interiores e (os que nos máis tocan de preto) os virtuais.
Certo que ao longo do multitudinario acto de presentación do Xacobeo prevaleceron máis as formas cós datos concretos: cómpre entender que non se tratou nin moito menos dunha rolda de prensa ao uso. Con todo, houbo información abonda como para amosar que este vai ser un Xacobeo redeiro e que a vontade das institucións que están detrás da celebración é a de tirar partido de novas formas de expresión e de comunicación ligadas á Internet social e ao novo audiovisual.
En certa maneira, esta aposta polas novas canles de información é case obrigada, e máis se temos en conta que outro dos piares deste vindeiro Ano Santo vai ser o de fomentar o intercambio de coñecemento, proceso que a día de hoxe é practicamente un sinónimo da Rede. Entre outras propostas concretas, o acto de hoxe serviu para que se dese a coñecer un pacto de colaboración con Google e as súas filiais, entre as que se contan algunhas das redes sociais de máis pegada (pacto a todas luces encamiñado a levar o Xacobeo o máis preto posible dos internautas de todo o mundo, ben a través de buscas textuais, gráficas, audiovisuais ou xeográficas) e a vindeira presentación mundial de O Apóstolo, filme dirixido polo santiagués Fernando Cortizo e que conta coa participación dun importante número de profesionais galegos, entre os que se inclúen os actores Luís Tosar e Carlos Blanco. Por certo que se trata da primeira película europea que incorpora a técnica de animación stop-motion, innovador sistema de rodaxe empregado en filmes como por exemplo A noiva cadáver de Tim Burton.
Asemade, o acto de presentación do Xacobeo 2010 serviu para relembrar que xa está a pleno funcionamento blog.xacobeo.es, páxina web habilitada para dar conta das actividades do Ano Santo e, grazas ao seu formato de bitácora-libro de viaxes, achegar información de maneira participativa (con comentarios sobre as entradas achegadas ou propostas de todo tipo). A bitácora en cuestión tamén achega datos salientables (en tres linguas: galega, castelá e inglesa) sobre o fenómeno Xacobeo, a historia do Camiño e o papel da nosa terra no mundo en virtude deste itinerario. Asemade, subminístranse recursos de tipo turístico: que comer, que ver, que visitar, que coñecer, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?