Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Signo aplica no Camiño de Santiago as tecnoloxías de realidade aumentada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Signo aplica no Camiño de Santiago as tecnoloxías de realidade aumentada

Fernando Sarasketa
Publicado: 21/10/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

signo.jpgCo Xacobeo 2010 albiscándose ao lonxe e coa presentación das actividades e das liñas a seguir aínda retumbando na nosa cabeza (un bosque que deixa ver poucas árbores), semella máis oportuno ca nunca ir meténdonos de cheo con exemplos concretos de novas tecnoloxías da información aplicadas ao turismo e máis concretamente ao que está ligado aos Camiños de Santiago. Disto mesmo, de levar a innovación dixital ata o máis recóndito do itinerario xacobeo é do que trata unha boa parte dos recentes traballos da firma galega Signo, que entre outras cousas está a levar ao Camiño as novas tecnoloxías de realidade aumentada. Estas consisten en inserir unha capa dixital que se superpón ao que se ve a través da cámara dun teléfono móbil, achegándonos información do que hai ao noso arredor, tanto dende o punto de vista paisaxístico (que visitar, sexa monumento ou espazo natural) como dende os gastronómico (onde comer), comercial (que mercar) ou hostaleiro (onde aloxármonos).
O seu funcionamento é este: o usuario activa as capas que lle interesan en cada intre dependendo do que precise atopar. A cobertura aplicada pola empresa de Compostela semella ben completa: xa están xeorreferenciados máis de 500 puntos ao longo do Camiño, puntos sobre os que se achega información acerca dos núcleos poboacionais, o patrimonio ou ben a hostalería.
A empresa Signo-Enxeñería do Territorio, con sede en Santiago, leva xa tempo traballando para levar aos terminais móbiles algo máis que unha axenda clásica de contactos. O seu cometido, sinalan os responsables da firma, é convertelos en puntos útiles de información sobre todo o que nos rodea nun intre concreto en un espazo determinado. Isto, engaden dende Signo, abre un gran abano de posibilidades, dando acceso aos menús de restaurantes seleccionados no caso de que procuremos o lugar máis idóneo para comer, ou ben a fotos, audioguías ou videoguías no caso de que queiramos visitar un museo.
Sinalar que Signo está a implementar a dita realidade aumentada a través da súa aplicación Layar, ferramenta innovadora que funciona en móbiles dotados con Android, o sistema operativo de Google para navegar por Internet nestes terminais, ou no novo iPhone 3G.
Polo que respecta ao nivel de aceptación que está a ter o recurso de realidade aumentada, dicir que a empresa cualifícao xa de rotundo éxito: dende que se iniciaron as probas da aplicación hai uns dous meses, sinalan, contabilizáronse máis de 10.000 descargas. Do mesmo xeito, o medre do número de móbiles con esta tecnoloxía e o seu espallamento non fan máis que favorecer a iniciativa de Signo. “Os móbiles con Android medran a un ritmo exponencial”, sinala Antonio Fraga, responsable da empresa, “polo que Internet cada vez vai ser máis móbil, a través de teléfonos e miniportátiles”. E prosegue, afondando na descrición do produto: “As aplicacións da realidade aumentada ao turismo son múltiples, pois ademais esta tecnoloxía é moi interesante para sociedades de xestión turística, porque achega información do uso que se fai desa mesma tecnoloxía, os sitios visitados, os datos consultados e o tempo de permanencia nela, o que permite extraer coñecemento de tipo estatístico variado, mapas de fluxos turísticos, etc”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?