Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rede galega, crítica pola entrevista ao presidente da Mesa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rede galega, crítica pola entrevista ao presidente da Mesa

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/10/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

youtube_carlos_luis_rodriguez.jpgUnha boa parte da rede galega semella estar pechando fileiras en contra do tratamento que a TVG lle deu á mobilización celebrada o pasado domingo en Compostela, onde milleiros de persoas procedentes de todos os recantos da nosa xeografía se reuniron para pedir meirande compromiso da nova Xunta na defensa da nosa lingua. Pois ben, logo de todas críticas vertidas contra ese tratamento en páxinas webs (polo que se considerou unha visión parcial dos feitos), redes sociais e blogs, semella que unha parte dos ataques se está a centrar xa na figura de Carlos Luís Rodríguez, quen entrevistou o pasado luns (dentro do programa Foro Aberto) a Carlos Callón, presidente da Mesa, para coñecer o seu punto de vista do ocorrido na manifestación.
A entrevista en cuestión non deixou indiferente á nosa comunidade internauta, tal e como reflicte Vieiros (onde se dá conta do estupor xerado) e tal e como expresan os blogs Días estranhos (onde se di que máis que un diálogo ao uso, o encontro foi unha agresión, ao mesmo tempo que se anima ao Colexio de Xornalistas a que se pronuncie sobre o tema) ou Menos mal que nos queda Portugal, o grupo aberto en Facebook (arestora con máis de 1.200 membros) a prol do cesamento do devandito Carlos Luís Rodríguez ou a comunidade de internautas Chuza!, onde se critica duramente o traballo feito polo xornalista ao tirar partido, sinálase, da súa condición de comunicador para obter as respostas que el quere.
Por certo que a entrevista en cuestión xa está a dar xogo en YouTube para dar renda solta á parodia, e para mostra o vídeo no que se ve a Carlos Luís Rodríguez entrevistándose a si mesmo (na imaxe). A idea do vídeo é poñer de manifesto este feito: as preguntas que formaron parte da enquisa xa viñan acompañadas das súas correspondentes autorespostas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?