A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Vilasantar, vén de anunciar a celebración de máis actividades de achegamento ás novas tecnoloxías que terán lugar na aula informática da Rede no devandito Concello ao longo do vindeiro mes de novembro. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:
-Creación dunha conta de correo electrónico: as persoas que realicen este obradoiro, sairán preparadas para crear e xestionar contas de correo electrónico e introducir este servizo na súa vida cotiá. Desenvolverase de luns a xoves, do 2 ao 9 de novembro, de 17 a 19 horas.
-Procesador de textos Writer: as persoas asistentes, ao finalizar este obradoiro serán quen de crear e modificar un documento de texto empregando o OpenOffice Writer. Este curso terá lugar de luns a venres, do 10 ao 18 de novembro en horario de 17 a 19 horas.
-Manexo da cámara dixital: este obradoiro vai dirixido a aquelas persoas que precisen introducirse no manexo das súas cámaras dixitais para empregalas correctamente e facer fotografías de calidade. O obradoiro terá lugar do 23 ao 26 de novembro, en horario de 17 a 19 horas.
Asemade, está prevista a realización do relatorio, Trámites co SERGAS na Internet, que vai dirixido a aquelas persoas que precisen comunicarse con esta entidade pública e queiran facelo a través da Rede. Esta formación, que inclúe unha demostración práctica dos diferentes trámites dispoñibles en liña para o cidadán, terá lugar o vindeiro día 30 de novembro na aula da Rede no Concello de Vilasantar.
A Rede de Dinamización anuncia novos obradoiros formativos en Vilasantar
Compartir Este Artigo

