Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno anuncia o pulo definitivo ao eDNI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno anuncia o pulo definitivo ao eDNI

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/10/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

dni_electronico_campana.jpgA Secretaría de Estado de Telecomunicacións, a tenor das cifras que apuntan a unha clara infrautilización do noso novo documento persoal dixital, vén de anunciar a posta en marcha dun novo plan para impulsar o emprego do DNI electrónico entre a cidadanía e as empresas. O proxecto vai encamiñado tamén a fomentar a achega de servizos e ferramentas informáticas “de confianza” que contribúan a afianzar o seu manexo pleno. Con este obxectivo, actuarase directamente sobre o sector TIC español, achegando axudas, recursos e oportunidades. As accións que se integran no plan (entre as que se inclúe unha campaña publicitaria nos grandes medios, reparto gratuíto de 800.000 lectores de eDNI, máis de cincocentas sesións de formación por todo o territorio español e 30.000 de dinamización nas propias Oficinas de Expedición) desenvolveranse por todas as Comunidades Autónomas ata o mes de xullo de 2010.
Por certo que entre as actividades da campaña tamén se inclúe o reparto de 4 millóns de folletos informativos, a creación dun portal de información útil para a cidadanía e as empresas sobre as vantaxes do novo documento, ou a elaboración dun catálogo de servizos para o emprego do eDNI. Segundo informa o Ministerio de Industria, cómpre informar que a nova acreditación dixital, que é semellante á de toda a vida, ten como novidade máis salientable a incorporación dun miúdo circuíto integrado (chip) que é quen de gardar datos de xeito seguro e posibilita acreditar de xeito electrónico e inequívoco a nosa identidade. Esta función ten importantes vantaxes de manexo para o eido dixital, co fin de facer operacións comerciais ou administrativas da mesma maneira que se as levásemos a cabo en persoa e nun escenario físico tradicional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?