Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo quere levar a eAdministración a 66 concellos da provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo quere levar a eAdministración a 66 concellos da provincia

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_eadministracion.jpgA Deputación de Lugo semella ter a promoción das novas tecnoloxías no seu punto de mira, tal como se pode desprender da porcentaxe de recursos que vai destinar a cuestións como o pulo á dixitalización dos procesos administrativos no ámbito local. Segundo informa o órgano provincial, vénse de aprobar no seu seo o prego do programa Innova-TE para a contratación de servizos de administración electrónica (eAdministración) na propia Deputación e máis en 66 concellos de Lugo. A xuízo da institución, estaríamos ante o prego co maior investimento en novas tecnoloxías do coñecemento feito nunca antes na nosa terra.
Máis en detalle, a Deputación dedicará a estes obxectivos 7 millóns de euros (do total de 9 millóns cos que conta Innova-TE), dos que o 70% virán achegados pola Unión Europea e un 30% por INLUDES. A idea é sentar os alicerces para que todo o proceso de dixitalización estea operativo para o seu uso en 18 meses, “de forma global e conxunta para todos os devanditos concellos”.
Para a Deputación, unha das grandes vantaxes que o proceso lle vai reportar á cidadanía baséase na posibilidade real de axilizar trámites e dedicarlles moito menos tempo e esforzo ás comunicacións que decote está obrigada a manter cos seus concellos. Con este proxecto, sinalou o presidente do órgano provincial (Xosé María Gómez Besteiro) durante a presentación do mesmo, “os veciños da provincia deixarán de ser cidadáns in line, é dicir cidadáns que fan cola, para ser cidadáns que soluciona dende o seu fogar e en tempo real os trámites coa administración”. Deste xeito, engade, será posible levar a cabo operacións de todo tipo, como por exemplo pedir o certificado de empadroamento, pedir ou consultar o estado das subvencións, inscribirse en oposicións ou solicitar permisos ou licenzas municipais.
Para isto, puntualizou, os veciños só terán que entrar na páxina da Deputación ou nas dos Concellos, e identificarse a través do DNI electrónico. A continuación, poderán descargar os formularios necesarios, acompañar a documentación precisa, e facerllo chegar á administración correspondente mediante a Rede. A xuízo do órgano provincial, esta aposta pola administración electrónica repercutirá tamén, positivamente, “na integración social malia o espallamento da poboación e a orografía da provincia, facendo que todos os veciños participen da vida local”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?