Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta avanza detalles sobre o seu plan para dixitalizar o sector público
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta avanza detalles sobre o seu plan para dixitalizar o sector público

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/10/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, presidiu a xornada Galicia e a sociedade da información
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, presidiu a xornada Galicia e a sociedade da información
A presentación en Santiago do estudo da Fundación Telefónica Galicia e a Sociedade da Información (do que xa falamos polo miúdo nesta web) contou coa presenza de Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización, quen resumiu os logros e as eivas do actual panorama galego do coñecemento na nosa terra e avanzou algunhas das medidas que o seu departamento levará a cabo para reducir a fenda dixital. Para comezar, a secretaria xeral quixo deixar claro que o noso emprazamento periférico na Península e en Europa puído ser un atranco hai anos, pero non no eido da nova información: “No mundo dixital esvaécense as fronteiras convencionais, así todos podemos ser o centro, incluídos nós”.
Ao seu xuízo, unha das claves para conseguilo é a cooperación entre moi diversas frontes: “Resulta preciso integrar esforzos para usar de xeito intelixente estes avances tecnolóxicos que aquí nos apuntan”, sinalou, referíndose ás claves incluídas no informe de Telefónica.
E continuou: “Os datos amosan que avanzamos, pero non queremos ser conformistas. Queremos máis investimentos. A realidade galega precísaos”. Máis en detalle, Pereira requiriu na súa intervención a posta en marcha de novas iniciativas que sigan o ronsel do Plan Avanza, programa que inxectou 11.000 millóns de euros en cinco anos: “Somos moitos os que agardamos o vindeiro Avanza 2, como continuidade dun esforzo imprescindible por parte do Goberno central neste camiño”.
Polo que atinxe ás novidades avanzadas do seu programa de pulo ás TIC, Pereira citou a vindeira elaboración do Plan Estratéxico Tecnolóxico Global encamiñado a modernizar a Administración galega. Para a secretaria xeral, trátase dun importante desafío no que se refire ao fomento das TIC nos diferentes sectores produtivos e sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?