A multinacional tecnolóxica galega Blusens e FX Interactive, unha compañía independente dedicada á creación e edición de xogos para ordenador, veñen de asinar un convenio de colaboración mediante o cal, o reprodutor P70 do fabricante galego, pasa a incluir o xogo para PC Navy Moves entre as súas utilidades e opcións de ocio.
Os usuarios do P70 que adquiran esta nova edición, poderán ademais disfrutar de contidos promocionais do famoso xogo de FX que xa conta cunha comunidade de máis de 100.000 fans e que vén de convertirse no videoxogo español free to play de maior éxito.
O P70 é un reprodutor MP5 compacto, que é quen de reproducir múltiples formatos de audio, imaxe fixa e vídeo, e que grazas á súa función Video Out permite reproducir vídeos sen necesidade de conversión no dispositivo ou na televisión.
Pola súa banda, Navy Moves, creado hai máis de 20 anos, e un xogo que marcou unha etapa dentro do mercado europeo do videoxogo e FX Interactive lanzou, o pasado ano, unha nova versión en fase beta para Internet e con novos episodios que vén de acadar un gran éxito entre os xogadores de videoxogos para PC.
Na súa versión actual, os xogadores poden disfrutar de novos episodios e de todas as funcionalidades sociais como chatear en comunidade, convidar a un amigo, crear clans, xogar duelos en liña en tempo real ou conseguir novos ítems para mellorar o armamento, entre outras novidades.
Asemade, Navy Moves de FX, é o primeiro videoxogo de PC que incorpora Wam-Up, a tecnoloxía patentada por FX que integra ordenador, Internet e móbil para crear, segundo indican, “unha experiencia de xogo en comunidade e aproveitar todas as vantaxes do xogo social”.
Segundo palabras do director de Marketing de Blusens, Miguel Churruca, “os videoxogos son unha das opcións preferidas de ocio nun amplo abano de idades e o perfil do xogador é moi semellante ao do usuario dos produtos de portabilidade de Blusens”.
Agora ademais, grazas a este convenio de colaboración con FX Interactive, a empresa galega demostra a súa forte aposta por novos mercados, ao tempo que reforza a súa capacidade de crear sinerxías con compañías afíns.
Blusens e FX Interactive unen forzas no mercado dos videoxogos
Compartir Este Artigo

