Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O informe TIC de Telefónica sitúa aos galegos por riba da media en uso da eAdministración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O informe TIC de Telefónica sitúa aos galegos por riba da media en uso da eAdministración

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/10/2009
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

Aller, Pereira e Bengoa durante a presentación do estudo
Aller, Pereira e Bengoa durante a presentación do estudo
A era dixital na nosa terra leva un tempo avanzando a bo ritmo e está en maior sintonía coa situación española e máis preto da media europea. Esta é unha das conclusións que se pode tirar o estudo presentado en Santiago pola Fundación Telefónica e que escolma e avalía ao longo de cincocentas páxinas as fortalezas e as eivas da era dixital española ao longo do ano pasado. O informe, presentado no Hostal dos Reis Católicos co título A Sociedade da Información en España 2008 achega datos salientables sobre o panorama galego, entre os que se contan os seus principais puntos fortes (como por exemplo o uso que lle damos á eAdministración, por enriba da media española) e os eidos que precisan de máis traballo (entre os que se inclúe o baixo nivel de presenza da Rede nas empresas de menos de dez traballadores, ou a escuridade dixital de moitas zonas do noso rural).
Puntos fortes
Polo que respecta a datos concretos sobre comunicación en liña de institucións públicas e cidadanía, a sociedade galega semella ter desenvolvido ao longo destes anos meirande confianza coa eAdministración (Administración Electrónica), o que se desprende de datos como a porcentaxe de persoas que usan webs públicas autonómicas (37,1%, fronte a unha media estatal do 30%) ou da taxa de cidadáns que envían formularios aos ditos órganos institucionais: case un 9%, en contraste co 7,6% da media española. Amais, e a un nivel máis xeral, o informe subministra información positiva sobre a penetración das novas tecnoloxías do coñecemento a todos os niveis sociais. Así, sinálase, arredor do 59% dos nosos fogares contan xa con ordenador (o que constitúe un incremento do 9% con respecto ao ano anterior), no 38,3% dos casos con aceso á banda ampla.
Ademais, e xa meténdonos de cheo nos usos que lle damos á Internet, o estudo apunta a que o 85% das galegas e galegos que estableceron conexión á Rede ao longo dos tres meses máis recentes, fixérono para enviar ou recibir correos electrónicos, mentres que unha taxa do 77,1% accedeu para procurar información e un 65,6% para ler ou ben para descargar novas. Isto, coméntase no dito estudo, “amosa tamén que os consumidores galegos están a trocar os seus hábitos en liña coas principais tendencias dos países avanzados en materia de Rede”.
Polo que atinxe ao afianzamento das novas canles dixitais no eido empresarial, dicir que o informe apunta a unha meirande familiaridade cos novos contornos de comunicación ca nos fogares. Sobre todo no que se refire ás empresas de certa envergadura. Segundo datos do Observatorio Galego da Sociedade da Información reflectidos no estudo, máis do 92% das nosas empresas con máis de 10 empregados conta arestora con conexión á Internet, unha taxa que está situada por enriba da media española, que é do 89%. Amais, máis da metade das empresas deste perfil opera na Rede con páxina web propia de seu, porcentaxe que, con todo, non chega a ir alén das estatísticas nacionais: case o 60%.
Puntos febles
Pola contra, o estudo tamén reflicte, directa ou indirectamente, todo aquilo que pode caer no paquete do mellorable. Neste senso, o que valía para hai dous, tres ou catro anos, vale para a actualidade: cómpre actuar máis no eido das microempresas (a fin de contas o tipo de iniciativa empresarial máis abondoso na nosa terra) e tamén no eido dos espazos non urbanos. Asemade, á hora de divulgar polo miúdo as vantaxes das redes, cómpre centrármonos máis en quen as rexeita e non tanto en quen xa as emprega. Isto que asemella algo obvio non o é tanto se temos en conta que o descoñecemento total deses beneficios segue a ser o principal motivo de rexeitamento. Así, case a metade das galegas e galegos que lles dan as costas opinan que non lle ven a utilidade.
Polo que atinxe ás novas tecnoloxías no noso rural e malia o importante labor levado a cabo por iniciativas como a Rede de Dinamización da Sociedade da Información habilitadas pola anterior Xunta, cómpre sinalar que se corre o risco de converter as ferramentas dixitais nunha oportunidade perdida de desenvolvemento. En certa maneira estase a dar certa contradición, cunha era dixital que mellora cada día en accesibilidade e servizos para uns (os residentes nas cidades e vilas) e que diminúe un pouco o seu avance para outros (os habitantes do rural, xa de por si peor comunicados e con menor achega de servizos). As cifras (subministradas desta volta pola Secretaría Xeral de Modernización) non fan máis que pór de manifesto a desigualdade: a porcentaxe de galegos que conta con conexión a Internet no hábitat urbano é do 49,2%, fronte a unta taxa do 33% no rural.
Estes e outros datos foron achegados na presentación do informe en Santiago por Ignacio Aller, director territorial de Telefónica en Galicia e Asturias; Antonio Bengoa, director de Relacións Sectoriais e Territoriais de Telefónica España e Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?