ASIMELEC (entidade estatal do sector TIC que abrangue fabricantes, vendedores e distribuidores), en colaboración co seu Consello Territorial en Galicia e AGESTIC, organiza as Xornadas sobre fogar dixital, uns encontros que contarán coa presenza de destacadas firmas galegas, como por exemplo Televés ou Blusens. A idea principal destas xuntanzas é informar polo miúdo do que significa fogar dixital e que vantaxes achega: trátase, en palabras da propia ASIMELEC, do lugar onde as necesidades dos seus habitantes en materia de seguridade e de control, comunicacións, lecer, integración medioambiental e accesibilidade son atendidas a través da converxencia de servizos e equipamentos.
As xornadas, un total de 20 para toda o ámbito estatal, van especialmente dirixidas aos representantes das administracións e entes públicos e aos profesionais das pequenas e medianas empresas. En definitiva, segundo apunta a organización, as sesións serán de interese para enxeñeiros de Telecomunicacións, arquitectos, aparelladores, promotores, construtores, instaladores ou técnicos do eido público.
Durante o transcurso destes encontros farase fincapé nas novas oportunidades que supón o fogar dixital para o medre no valor das vivendas de nova construción e para os programas de renovación dos sistemas de comunicación nas vivendas xa existentes.
As xornadas a celebrar na nosa terra son dúas: unha en Vigo o 5 novembro e outra en Santiago o día 6 do dito mes. O emprazamento para a primeira será a Confederación de Empresarios de Pontevedra e o do segundo o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (Conxo).
Programa para o 5 de Nov. (Vigo):
09:45-10:00 horas: recepción de asistentes e entrega de documentación.
10:00 – 10:30 horas: presentación institucional:
José María López Bourio. Presidente AGESTIC
Valentín Fernández Vidal. Secretario técnico da Comisión Multisectorial do Fogar Dixital ASIMELEC
10:30 – 11:15 horas: proxecto e normativa (I): definición, metodoloxía e servizos. Procesos e axentes involucrados. Certificación e selo de calidade:
José Manuel Ruíz Pérez. Director de produto de Blusens.
Os precedentes do fogar dixital: o libro branco do fogar dixital e o ICT.
O fogar dixital, un mundo de servizo do inquilino da vivenda.
Regulación do fogar dixital: aspectos obrigatorios na nova vivenda e na rehabilitación.
A implantación durante os próximos anos do fogar dixital. Plan estratéxico 2008-2011.
11:15 – 11:45 horas: coffee-break
11:45 – 12:30 horas: proxecto e normativa (II): o proxecto IHD. A nova normativa IAU:
María Luisa Lombardero Outón. Enxeñeira de Telecomunicacións Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación.
O proxecto de infraestruturas de fogar dixital. Visado polos colexios profesionais.
Modificación do regulamento de ICT: as IAU e o anexo fogar dixital, certificación por parte das institucións oficiais (CCAA, concellos…). A CMHD ostenta a secretaría técnica por encargo do MITYC.
12:30 – 13:15 horas: presentación da comisión do fogar dixital en Galicia, situación e perspectivas:
José María Núnez Ortuño. Director técnico INDOMOTIKA
O futuro e a innovación do fogar dixital: o ministerio de ciencia e innovación encarga a ASIMELEC a secretaría técnica da Plataforma do Fogar Dixital.
13:15 – 14:30 horas: Conclusións e coloquio
Programa para o 6 de Nov. (Santiago):
09:45-10:00 horas: recepción de asistentes e entrega de documentación.
10:00 – 10:30 horas: presentación institucional:
José María López Bourio. Presidente AGESTIC
Valentín Fernández Vidal. Secretario técnico da Comisión Multisectorial do Fogar Dixital ASIMELEC
10:30 – 11:15 horas: proxecto e normativa (I): definición, metodoloxía e servizos. Procesos e axentes involucrados. Certificación e selo de calidade:
Justo Rodal Pérez. Director de Produto Televés.
Os precedentes do fogar dixital: o libro branco do fogar dixital e o ICT.
O fogar dixital, un mundo de servizo do inquilino da vivenda.
Regulación do fogar dixital: aspectos obrigatorios na nova vivenda e na rehabilitación.
A implantación durante os próximos anos do fogar dixital. Plan estratéxico 2008-2011.
11:15 – 11:45 horas: coffee-break
11:45 – 12:30 horas: proxecto e normativa (II): o proxecto IHD. A nova normativa IAU:
Jorge Raúl Carollo Barral. Presidente AETTGA Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación.
O proxecto de infraestruturas de fogar dixital. Visado polos colexios profesionais.
Modificación do regulamento de ICT: as IAU e o anexo fogar dixital, certificación por parte das institucións oficiais (CCAA, concellos…). A CMHD ostenta a secretaría técnica por encargo do MITYC.
12:30 – 13:15 horas: presentación da comisión do fogar dixital en Galicia, situación e perspectivas:
José María Núnez Ortuño. Director técnico INDOMOTIKA
O futuro e a innovación do fogar dixital: o ministerio de ciencia e innovación encarga a ASIMELEC a secretaría técnica da Plataforma do Fogar Dixital.
13:15 – 14:30 horas: Conclusións e coloquio.
Vigo e Santiago acollerán en novembro dúas xornadas sobre as oportunidades do fogar dixital
Compartir Este Artigo

