Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nace o portal galego Vexetais.info, creado para fomentar as dietas vexetarianas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nace o portal galego Vexetais.info, creado para fomentar as dietas vexetarianas

Raquel Noya
Publicado: 30/10/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vexetais.info.jpgPese a que no noso país non existen sondeos concretos sobre as dietas vexetarianas e o número de persoas reais que seguen este tipo de alimentación baseado unicamente na inxesta de froitas, legumes e verduras, o certo é que segundo informa a Asociación Libera, “en Galicia existen preto de 3000 persoas que son vexetarianas, das cales o 10 por cento sería vegana”, unha cifra moi baixa incluso para España, que é o país europeo coa porcentaxe máis pobre de toda Europa en número de persoas vexetarianas.
A Asociación Libera, a fin de incrementar na medida do posible estas cifras tan baixas, e consecuentemente mellorar a saúde da nosa poboación, vén de anunciar o lanzamento dun portal en galego, Vexetais, que informa sobre este tipo de dietas e das vantaxes que conleva seguir unha alimentación equilibrada prescindindo das carnes.
A creación desta ferramenta, pioneira en Galicia, enmárcase nas actividades de celebración do Día Internacional do Veganismo, que terá lugar o vindeiro día 1 de novembro.
Nesta nova web, os cidadáns interesados en coñecer máis acerca do vexetarianismo poderán obter información sobre as diferentes dietas baseadas nos vexetais, co respaldo de organizacións internacionais, como a Asociación de Dietistas de Canadá ou o Comité de Médicos para unha Mediciña Responsable, de orixe estadounidense.
Asemade, entre as súas utilidades, Vexetais ofrece unha guía de locais de restauración que dispoñen de pratos ou menús aptos para vexetarianos, un recetario actualizado tanto para profesionais como amantes da cociña en xeral, e diferentes consellos sobre saúde.
Un aspecto destacable desta páxina é, por outra banda, a relación que se establece entre as dietas vexetarianas e o impacto que conlevan para o Medio Ambiente, un impacto denunciado polo Panel Intergubernamental para o Cambio Climático (IPCC) e o seu presidente, o Nobel da Paz, Rajendra Pachauri, e por Lord Stern, responsable da loita contra o quecemento global no Reino Unido, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?