Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa estatal para dotar de web ás pequenas empresas deu servizo a 2.251 firmas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa estatal para dotar de web ás pequenas empresas deu servizo a 2.251 firmas galegas

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/10/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Presentación do programa NEW na Coruña
Presentación do programa NEW na Coruña
O Ministerio de Industria vén de achegar datos sobre a nova edición do seu programa para levar páxinas web a todas aquelas empresas que ata o de agora non tiveron ocasión ou recursos de acadalas. Os datos en cuestión, que non só se cinguen ao caso español senón que atinxen en detalle a cada Comunidade, foron achegados pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións, o departamento que xunto con Red.es (e a Xunta para o caso galego), dirixe os fíos do programa NEW (Ningunha Empresa sen Web).
Segundo detalla a Secretaría de Estado, un total de 2.251 pequenas e medianas empresas de Galiza contan xa con web corporativa e propia de seu a través da devandita iniciativa, un programa que, como se dixo, promoveu dende outono de 2008 ata xuño de 2009 servizos de Internet no eido empresarial.
O plan NEW, inserido no Plan Avanza2, contou cun investimento público e privado de máis de 13,5 millóns de euros. Por certo que segundo se fai saber no reconto de datos, os galegos fomos dos que amosamos meirande dinamismo á hora de contratar estes servizos (portais corporativos a través de NEW). A nivel español, arredor de 37.000 empresas e autónomos puideron poñer en marcha a súa web particular a través deste programa, o que segundo os responsables do mesmo supón un medre de máis de 13.000 con respecto á primeira edición. No caso das firmas galegas que teñen presenza en liña ao acubillo deste plan, temos que falar dun 6% do total.
O cómputo final de páxinas creadas na nosa xeografía por provincias queda deste xeito: A Coruña (954), Pontevedra (708), Lugo (325) e Ourense (264).
A iniciativa NEW, que lles permite ás empresas -a un prezo moi razoable- contar con servizos básicos como a devandita web ou máis avanzados (como publicidade en liña, tenda virtual ou asesoramento en posicionamento), veu acompañada dunha serie de obradoiros presenciais distribuídos ao longo e ancho da xeografía española. Nestas sesións participaron máis de 3.400 empresas e autónomos, sendo a cifra final de asistentes galegos de 268.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?