Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia aposta pola Rede segura para a infancia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia aposta pola Rede segura para a infancia

Redacción
Publicado: 04/11/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nenos_coetg_aetg.jpgO Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), a través dun convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, organiza as Xornadas sobre Sistemas de Uso Seguro da Internet na Infancia. Vixilancia e Control do Uso de Internet que se celebrarán, con carácter gratuíto, nas principais cidades galegas durante o mes de novembro e estarán dirixidas fundamentalmente a Asociacións de Nais e Pais de Alumnos dos centros escolares e/ou asociacións culturais interesadas.
Estes talleres teorico-prácticos teñen a finalidade de concienciar ao colectivo de pais e nais sobre os usos e riscos das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), así como facilitar os medios necesarios para aprender os métodos de control do uso da Internet, sen que por iso se impida o acceso á Sociedade da Información.
Os cursos abordarán tres grandes áreas temáticas (o control de contidos de Internet, o manexo das ferramentas existentes e o control parental) e versarán ademais sobre a posibilidade de establecer filtros nos computadores persoais dos fogares.
As xornadas serán impartidas por enxeñeiros de telecomunicación expertos na materia, que analizarán e amosarán os puntos vulnerables dun computador, así como métodos de control das actividades realizadas (páxinas visitadas, chats, redes sociais, etc).
O calendario das xornadas é o seguinte: – Luns 9 de novembro. LUGO: Telecentro do Centro Social Lamas de Prado. Praza de Castiñeiro s/n – Martes 10 de novembro. SANTIAGO: Telecentro do Centro Multimedia de Galicia R/ Hórreo, 61 – Mércores 11 de novembro. A CORUÑA: Telecentro da Biblioteca púb. MGG R/ Miguel González Garcés,1 – Xoves 12 de novembro. VILAGARCIA: Telecentro do Obradoiro municipal de emprego Avda.Matosinhos, 1 – Luns 16 de novembro. PONTEVEDRA: Telecentro da Fac. CC e da Comunicación Campus A Xunqueira, s/n – Martes 17 de novembro. FERROL: Centro cultural Torrente Ballester R/ Concepción Arenal, s/n – Mércores 18 de novembro. OURENSE: Telecentro Delegación Xunta -Edificio Chocolate- R/Habana 79, 3ª – Xoves 19 de novembro. VIGO: Telecentro do Edificio do Concello. Praza do Rei nº 1
Cada día impartiranse dúas quendas: 16.00 horas e 18.30 horas

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?