
O caso, aparte da mera anécdota (que xerou un intenso debate en Menéame), debería chamar á reflexión a moitos usuarios que queren mercar un novo televisor, pois os problemas de queimado das pantallas de plasma son algo que deberán ter en conta os consumidores que pretendan ver durante moitas horas a pantalla en modo 4:3 (as bandas negras laterais poderían chegar a marcarse) ou as pantallas que vaian a utilizarse en puntos de información. Lembremos que este tipo de problema non é unha novidade, e moitos son os televisores e monitores que presentaban este tipo de problemas, e tamén hai que destacar que existen solucións caseiras que permiten arranxar o asunto mediante a reprodución de certos vídeos que forzan os píxeles para resucitalos (aínda que estes métodos non son infalibles).
A garantía de Panasonic non cubre os queimados en pantallas de plasma
Compartir Este Artigo
