
Deste xeito, e logo da licitación do Plano en agosto e a adxudicación do mesmo a finais de setembro, a semana que vén comezarán a instalarse os sete primeiros equipos do total de 55 que deben cubrir a área técnica de Santiago. O secretario xeral de Medios da Xunta, Alfonso Cabaleiro, presentou o programa acompañado polo subdirector xeral de Enxeñería e Planificación da Secretaría Xeral de Medios, Ignacio José Otero López, e o coordinador da Oficina Técnica da TDT en Galicia, Miguel Pérez Iglesias.
O calendario de acendidos arrincará coas estacións de Orrea (Agolada), Rodeiro, Barazón (Santiso), Furelos (Melide) e Bascuas (Vila de Cruces), as que se lle irán sumando outras co fin de igualar a cobertura dixital da TDT de todas as canles, públicas e privadas, nacionais e autonómicas, na área técnica de Santiago. O obxectivo final busca a universalización da TDT dentro dos novos prazos previstos.
Cofinanciado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, os equipos empregados contan con tecnoloxía exclusivamente galega, sendo tamén galegas as empresas instaladoras.
Durante a presentación do devandito plan, o secretario xeral de Medios lembrou que a Xunta mantén o prazo da primeira quincena de xaneiro para os apagamentos analóxicos da Fase I (Ourense Leste e Santiago) e gran parte da Fase II (Ares-Meda). Para o 3 de abril estará todo rematado coa finalización do resto da Fase II e a Fase III (Páramo-Domaio).
Comeza o plan de despregue da TDT na área técnica de Santiago
Compartir Este Artigo

