O Partido Popular de Galicia presentou esta mañá a renovación da súa páxina web creada segundo o seus responsables «con filosofía 3.0» e que nace con intención de mellorar as canles de comunicación entre o partido e os cidadáns, pretendendo converterse non só nun elemento de difusión de información, senón tamén nun xerador de novas do PPdeG, albergando entrevistas quincenais con cargos do Partido (que poderán verse na web e descargarse en alta resolución cunha calidade que permita a súa redifusión por parte de televisións e radios) e encontros dixitais nos que os dirixentes do PPdeG responderán a preguntas dos internautas, comezando este mesmo martes ás 10:30 horas coa participación de Alfonso Rueda, secretario xeral do Partido.
Esta páxina web continuará a ser paralela á actividade do PPdeG en distintas redes sociais, de xeito que o Twitter, a canle en YouTube, a conta en Flickr ou as contas en Facebook e Tuenti seguirán a utilizarse para relacionarse co público e os medios de comunicación, e precisamente a estes últimos van dirixidos moitos dos avances da nova web, pois será unha peza chave para a distribución de contidos, e coma exemplo podemos ver cómo no podcast do Partido podemos acceder a unha peza sonora na que Antonio Rodríguez Miranda fai declaracións sobre as actuacións ao redor do secuestro do Alakrana, aínda que haberá que agardar uns días para ver estas novidades, posto que na actualidade a meirande parte dos contidos multimedia son de antes do verán.
Teremos así que o Partido Popular de Galicia non utilizará o seu espazo web só en período electoral, senón que o converterá nunha ferramenta de comunicación constante.
O Partido Popular de Galicia renova a súa páxina web
Compartir Este Artigo
