Esta mañá o Parlamento Europeo aprobou o polémico Paquete de Telecomunicacións con 510 votos a favor, 40 en contra e 24 abstencións, de xeito que iníciase así un proceso de transposición para adaptar esta normativa ás distintas lexislacións estatais, o que vai dar bastante que falar, xa que segundo moitos medios, o texto permitiría o corte do acceso á Internet aos usuarios que realicen descargas ilegais de contidos protexidos por dereitos de autor sen autorización xudicial, o que non parece ser totalmente certo, e o avogado experto en temas de Internet, Javier de la Cueva, xa declarou que «aínda que o texto non o di expresamente, ao remitir á Convención Europea dos Dereitos Humanos, está defendendo a necesidade dunha intervención xudicial». A través de Twitter, o mesmo avogado ilustra a situación ironicamente (dando a entender que as normativas e leis teñen xerarquías): «coma o regulamento de circulación non sanciona conducir ebrio, pódese conducir bébedo. Ah, non, que iso vai no Código Penal».
Dende o Partido Pirata tamén sosteñen que o Paquete de Telecomunicacións é «munición para parar a lei HADOPI» pois aseguran que a actual normativa francesa que permite o corte do acceso á Internet non respecta as medidas aprobadas na Eurocámara.
A Eurocámara aproba o polémico Paquete de Telecomunicacións
Compartir Este Artigo
