A Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade de Ordes estrea hoxe unha nova loita contra a violencia contra a muller, unha páxina web baixo o dominio ordessenviolencia.org, que facilita a atención ás vítimas de violencia e permitirá unha maior coordinación entre os distintos equipos de apoio ás mulleres.
Con este espazo búscase garantir o anonimato das persoas interesadas en acceder a información sobre o tema, procurando así superar o atranco que supón a solicitude deste tipo de contidos en persoa.
A web recolle unha interesante selección de recursos sobre a violencia dende distintas perspectivas (muller, homes e menores), así coma información de actualidade, de xeito que o máis abraiante desta iniciativa é que naza dende o ámbito municipal.
Ordes estrea unha páxina web con información sobre a violencia contra a muller
Compartir Este Artigo
