De cara ao Nadal as operadoras de telefonía móbil preparan unha chea de promocións baseada en atractivos terminais para captar clientes doutras compañías, e Vodafone está a reforzar o seu catálogo con móbiles coma o Vodafone 533 Crystal, os Sony Ericsson T1715 e Xperia X2, os HTC Tattoo e Touch2, os Samsung Jet S8000, Corby S3650 e OmniaPRO B7610, os Nokia 6730 classic, N86 e N97 mini e agora confirman que a mediados de decembro tamén comercializarán o Nokia N900, terminal que funciona co sistema operativo Maemo, con 32 Gb de capacidade, conectividade HSPA, Wi-Fi e GPS e incluso un navegador web con soporte Flash, que parece debuxar a liña polo que guiaranse os futuros móbiles da compañía finlandesa, que parece que a longo prazo desprazará a plataforma Symbian en favor de Maemo.
Vodafone venderá o Nokia N900 en decembro
Compartir Este Artigo
