O alcalde de A Coruña, Javier Losada, presentou esta mañá na Domus unha nova páxina web municipal coñecida coma Coruña máis cerca que pretende servir de exemplo do compromiso do Concello coas TIC e as empresas locais relacionadas coa industria dos contidos dixitais, amosando imaxes de calidade da cidade herculina empregando distintas tecnoloxías para a súa captación, de xeito que podemos gozar neste novo espazo de imaxes panorámicas de alta resolucións, fotografías inmersivas (en 360 graos), vídeos tradicionais e incluso vídeos inmersivos (que achegan unha experiencia semellante ao Google Street View, pero aplicada ao vídeo por certas rúas moi representativas da cidade).
Javier Losada explicou que esta nova aplicación web interactiva non se atopa en ningún concello nin administración pública de España e pretende ser un paso máis no desenvolvemento da Axenda Dixital para a Innovación Tecnolóxica deseñada desde o Concello coa que se pretende «converter A Coruña nunha Cidade Intelixente», unha cidade dixital e innovadora.

Esta nova aplicación web foi desenvolvida pola compañía coruñesa Ilux Visual Technologies S.L. (spin-off da Universidade da Coruña) para mostrar a cidade desde un punto de vista diferente e moito máis atractivo, valéndose dalgunhas das tecnoloxías máis novas en imaxe dixital.
Divídese en catros seccións: Máis cerca, De cristal, O seu ritmo, De paseo. Nelas ensínanse panorámicas da cidade con niveis enormes de zoom, paseos gravados con vídeo de 360 graos polas súas zonas máis representativas, ou animacións que marcan o pulso da cidade.
Para conseguir estes contidos utilizáronse técnicas de fotografía de moi alta resolución, baseada na unión de varios centos de fotografías para cada panorama previamente calibradas, gravacións con seis cámaras coordinadas e unidas posteriormente para conseguir os 360 graos ou vídeos denominados timelapses que permiten visualizar o que sucede en varias horas resumido nuns poucos segundos.

A Coruña estrea unha páxina web con impactantes imaxes da cidade herculina
Compartir Este Artigo
