Durante estes días estase a iniciar o trámite parlamentario para a Lei Xeral da Comunicación Audiovisual, que está a atopar unha forte oposición por parte de asociacións de usuarios, partidos políticos, produtoras, canles de televisión e anunciantes, por aspectos polémicos como a TDT de pagamento, o novo financiamento de RTVE ou a norma que regula as fusións entre canles, que en vez de regularse pola Lei Xeral, foron aprobándose por partes mediante Real Decreto. Un dos detalles nos que parece haber consenso de usuarios, anunciantes, reguladores e televisións é en oporse á creación dun Consello Estatal de Medios Audiovisuais.
Amais, na le increméntase a cantidade de publicidade permitida por hora en televisión, que pasaría de 12 minutos a 29, de xeito que as canles poderían transformar a metade das súas programacións en publicidade, saturando aos espectadores, de aí que lancen unha campaña na web que esixe «Ni un minuto más de publicidad en la tele».
Incluso os anunciantes están preocupados a tal respecto, pois un incremento dos minutos de publicidade resta moita eficacia aos anuncios, polo que non pagarían igualmente por estes espazos, de xeito que incrementar a cantidade de anuncios podería non incrementar os ingresos das canles de televisión. De feito, xa hai quen confía na autorregulación do sector, que mirará de non saturar de anuncios aos espectadores para coidar o seu produto.
Forte oposión á nova Lei Xeral da Comunicación Audiovisual
Compartir Este Artigo
