Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia, entre as Comunidades con maior velocidade real de banda ancha móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Banda larga

Galicia, entre as Comunidades con maior velocidade real de banda ancha móbil

Raquel Noya
Publicado: 03/12/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

banda_ancha_mobil.jpgSegundo indica un informe elaborado polos portais especializados Movilzona e ADSLzone, que recolle a velocidade media que ofrecen as catro primerias operadoras de telefonía móbil co obxectivo de coñecer o estado deste servizo en España, Galicia, xunto co País Basco e Madrid, son as comunidades que ofrecen as maiores velocidades reais de banda ancha móbil.
En concreto, o País Basco dispón da meirande velocidade de baixada, grazas a Vodafone, que ofrece 2.114 Kilobits por segundo (kbps), e Telefónica e Orange, que ofrecen 1.853 e 1.283 Kbps, respectivamente.
A operadora que máis velocidade ofrece en Madrid é tamén Vodafone, con 1.831 Kilobits por segundo (kbps), seguido de Telefónica e de Orange, cunha velocidade de baixadas de 1.692 Kpbs e de 1.274 Kbps, espectivamente.

A banda larga móbil en Galicia acada boa velocidade
A banda larga móbil en Galicia acada boa velocidade
O estudo afirma que as Illas Canarias, Extremadura e Cataluña son as zonas coa velocidade máis lenta, en concreto, en Canarias, onde a operadora líder é Telefónica, a velocidade de baixada é de 1.866 Kbps.
En xeral, Vodafone é a compañía que ofrece maior velocidade de baixada en todo o territorio nacional, con 1,6 megas por segundo, seguido por Movistar, con 1,5 megas por segundo e por Orange, con 1,1 megas por segundo. A operadora de telefonía que nos seus inicios se autodenominaba “de baixo custe”, Yoigo, non chega ao mega de baixada, e queda en tan só 839 kbps.
No tocante á velocidade de subida, Telefónica é a que encabeza esta listaxe de operadoras, cunha velocidade de 324 Kbps, seguida de Vodafone, con 291 Kbps, de Orange, con 218 Mbps, e por Yoigo, con apenas 157 Kbps.
Entre as conclusións que Movilzona extrae do estudo destaca que “a velocidade de baixada actual xa permite a descarga de contidos multimedia con boa calidade” e que “a velocidade de subida da banda ancha móbil en España permite un uso axeitado da web 2.0, das redes sociais, e da videoconferencia, entre outros servizos en liña”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Banda larga

A fibra óptica sumou máis de 100.000 novas liñas en setembro

13/11/2026
Banda larga

Starlink adopta unha política de prezos flexibles

30/10/2026
Banda larga

O 91,5% das vivendas de Galicia xa ten cobertura de banda larga cun mínimo de 100 Mbps

28/10/2026
internet_rural.jpg
Banda larga

A provincia de Ourense, á cola de España en cobertura de fibra óptica

27/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?