As editoras Condé Nast, Hearst, Meredith, News Corporation e Times Inc. anunciaron o inicio dun proxecto conxunto e independente para desenvolver estándares abertos para unha plataforma de contidos dixitais que permita o seu consumo dende dispositivos portátiles.
O obxectivo sería a creación dunha aplicación de lectura común que permita a representación da aparencia diferencial de cada publicación, unha plataforma robusta de publicación para múltiples dispositivos, sistemas operativos e tamaños de pantalla e un sistema que permita un amplo abano de oportunidades publicitarias.
As editoriais de revistas norteamericanas colaboran na creación dunha plataforma dixital de venda dos seus contidos
Compartir Este Artigo
