Dende Sony anuncian que a partires de hoxe en Irlanda, Australia, Nova Celandia e Sudáfrica van comezar a ofrecer o seu servizo de descargas dixitais de comics para a súa lectura posterior na pantalla da PSP, que polo momento xa incorpora obras da Marvel (Spider-Man, X-Men, Fantastic Four…), Disney (Mickey Mouse e o Pato Donald) e IDW (Transformers, Star Trek e outros), o que supón unha interesante iniciativa na que porán a proba a este novo tipo de consumo cultural, que pretende facer coa banda deseñada algo semellante ao que está a pasar coas novelas e o Kindle de Amazon.
Por desgraza o servizo aínda non está presente en España, e podería demorarse bastante a súa adaptación por mor do atranco que supón ter que traducir os títulos ao español (agás que cheguen con acordos coas editoriais que publican esas obras en papel, que xa contan con traducións das mesmas).
A lectura de comics na PSP procura ser moi intuitiva e atractiva visualmente, pero tamén podería contar con apoio sonoro, coma podemos entender dun comentario en Twitter no que aseguran que IDW está a traballar na incorporación unha pista de audio ao cómic Wormwood.
Vídeo de presentación do servizo de descargas de comics dixitais para a PSP
Sony estrea a tenda de comics para a PSP
Compartir Este Artigo
