Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención ao audiovisual galego (achegándonos ás principais novidades, o Clúster Audiovisual Galego e a Academia Galega do Audiovisual) e a asociación Ineo dedicada á promoción das TIC.
Amais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
– A Kutruparty bate marcas de asistencia – A Xunta achega o mapa de cobertura de rede de Galicia – Chega unha nova ferramenta de participación en liña para as mulleres do noso rural – Ourense conmemora a figura de Eduardo Blanco Amor cun certame de curtas feitas co móbil – O proxecto Urbe informa dos froitos acadados en materia de dixitalización histórica de Santiago – Madrid acolle a presentación do Camiño dos Satélites – O INEGA aposta polo biogás como recurso enerxético limpo e sostible – O certame de talentos novos Galiciencia fai entrega dos seus premios – Crónica da Noite da Enxeñaría en Informática – Xoán Miguel Barros, profesor de Saúde Pública da USC, fala dos xeitos de atallar a presenza do radón nos fogares – Granxafamiliar.com inicia unha ruta virtual pola nosa terra
