O conseller de Educación da Generalitat Valenciana asegurou que non subscribirían o Plan Escuela 2.0 porque os portátiles con pantallas de 10 polgadas poden causar miopía, argumento que vén de rebater Rafael Martínez Costa, presidente da Sociedade Oftalmolóxica da Comunitat Valenciana, ao asegurar que «non hai nada publicado de que o tamaño do ordenador inflúa na aparición da miopía».
Martínez tamén engadiu que «os fabricantes de videoconsolas vanse tirar dos pelos ou arremeterán contra o conseller, porque esas pantallas tamén son pequenas», concretando que na miopía hai unha carga xenética importante, e que no incremento da miopía nas últimas décadas non hai estudos que determinen os factores que puideron intervir.
Os oftalmólogos desmenten que as pantallas pequenas provoquen miopía
Compartir Este Artigo
