O grupo de empresas audiovisuais formado pola sociedade de xestión e de produción, creación de contidos e servizos de cine e televisión Filmanova, S.L., a produtora especializada en televisión musical, publicidade e formatos televisivos Filmanova Show, S.L., e a sociedade de investimento en cine Filmanova Invest, S.A., chega aos seus 10 anos de vida, e para celebralo decidiron renovar a súa páxina web, deixando a súa elaboración a xente de A Navalla Suíza, que déronlle unha orientación audiovisual moi axeitada para este tipo de compañía, que permite así ver de xeito doado parte da súa obra.
O novo espazo presenta información sobre Filmanova e as súas actividades, aínda que dáselle máis importancia aos 4 apartados (Cine, Televisión, Multimedia e Documentais) nos que reparten os seus traballos anteriores, con fichas dos distintos proxectos e, no caso de estar dispoñible, cun vídeo de boa calidade sobre a obra.
Filmanova celebra o seu 10º aniversario con nova páxina web
Compartir Este Artigo
