Nun momento no que o Kindle de Amazon parece ter coma principal competidor o Nook de Barnes & Noble, Sony chega cun dispositivo que esperta moito interese por usuarios que non queren casar cunha tenda en concreto, e prefiren adquirir un lector de libros electrónicos máis libre e completo. O Sony Reader Daily Edition chega ao mercado a un prezo de 399,99 dólares (279,33 euros), conectividade 3G, pantalla táctil de 7 polgadas e compatibilidade con múltiples formatos (coma libros en EPUB e PDF e música en MP3 e AAC) e, para reforzar o seu lanzamento, Sony anuncia que pechou acordos para permitir o acceso dende o seu novo trebello aos xornais Wall Street Journal, Los Angeles Times, Chicago Tribune, Boston Globe, New York Post, International Herald Tribune, The New York Times, The Dallas Morning News, The Baltimore Sun, The Denver Post e algún outro, de xeito que quedaría clara a súa vocación coma dispositivo de lectura de prensa diaria.
Este dispositivo vén podendo reservarse varias semanas, e esta semana comezan os envíos de unidades ao público, mentres que os que soliciten unidades nestas datas deberán agardar á segunda quincena de xaneiro para recibilas, pois este produto está a ter unha forte demanda.
O Sony Reader Daily Edition chega á rúa incrementando a súa oferta de xornais
Compartir Este Artigo
