Os sistemas de control tanto para videoxogos como para calquera outra interface, resístense a cambiar no tempo, pero aínda é posible innovar moito neste eido, e así, ao igual que o Proxecto Natal podería revolucionar o xeito de entender os videoxogos a finais de ano, Microsoft aínda non dixo a súa última palabra, e veñen de solicitar a patente dun sistema de control baseado en impulsos musculares.
O sistema contará cunha serie de sensores que electromiográficos que medirían a actividade dos músculos para envialos aos sistema e aínda que parecen claras as súas posibles aplicacións futuras no mundo do lecer, incluso podería chegar a aplicarse a dispositivos móbiles ou incluso en contornos industriais, achegando un tipo de control realmente interesante de cara ao futuro.
Vídeo no que detallan o funcionamento desta tecnoloxía de control baseada en electromiografía
Microsoft patenta un sistema de control baseado nos músculos
Compartir Este Artigo
