Continúan os rumores relativos ao dispositivo tipo Tablet PC de Apple, e a última información é unha suposta filtración (de dubidosa credibilidade) na que chaman ao produto iSlate e mencionan que estaría composto por unha pantalla multitáctil oleofóbica de 7,1 polgadas, un procesador Intel Core 2 Duo a 2,26 GHz, 2 Gb de RAM (con soporte de ata 8 Gb), disco duro SATA de 120 Gb, cámara integrada, 2 portos USB 2.0, lector de tarxetas SD, altofalantes, Ethernet, Wi-Fi, Bluetooth 2.1 e o sistema operativo Mac OS X Clouded Leopard 10.7.
Estes datos parecen bastante raros como para ser certos, en boa medida pola elección tecnolóxica, moi pouco atinada para dispositivos móbiles, e supomos que será un de moitos documentos de dubidosa credibilidade que veremos antes de rematar o mes, cando Apple podería presentar o suposto iSlate/iTablet (ou como vaian a chamalo) pese a que en ningún momento chegaron a confirmar que traballasen nesa liña de produto (e incluso puidemos escoitar rumores do seu lanzamento antes de cada evento organizado por Apple durante os últimos 2 anos, de aí que a barreira entre o desexo dos usuarios e as intencións da compañía non sempre son coincidentes).
O posible iSlate de Apple segue a dar que falar
Compartir Este Artigo
