As cámaras dos móbiles
están cada vez máis próximas das cámaras compactas, e avanzando nesta liña
OmniVision anuncia que xa ten listo o sensor de imaxe OV14825, capaz de tomar imaxes de 14,6
Mpíxeles e gravar vídeo a 1.080p a 60 fotogramas por segundo.
Aínda non hai data de cando comezarán a integrarse estes sensores en teléfonos
móbiles, pero queda claro que a carreira
polos megapíxeles en dispositivos móbiles non cesa.
Anuncian un sensor de 14,6 Mpíxeles para móbiles, capaz de recoller vídeo en alta definición
Compartir Este Artigo

