O pasado martes comentamos que Amazon podería lanzar en breve unha versión internacional do Kindle DX, e finalmente confirmouse tal información, de xeito que xa pode encargarse este lector de libros electrónicos cunha pantalla de 9,7 polgadas, que véndese por 489 dólares, o que sumados os portes e os aranceis acaba saíndo en 591,58 dólares (412,78 euros) dende España, o que supón un incremento considerable fronte a versión de 6 polgadas.
O Kindle DX comezará a remitirse aos seus compradores internacionais o vindeiro día 19, e aparte do tamaño da súa pantalla podemos destacar que integra lector de PDF, ten función de rotación automática, conta con 3,3 Gb de memoria interna, permite realizar anotacións e marcar páxinas, conta con conectividade 3G, inclúe un dicionario e acceso á Wikipedia, trasforma de texto a voz os libros que o permiten (dependendo de se os seus editores o autorizan) e non precisa de configuración por parte do usuario, de xeito que incluso é posible utilizalo sen ter ordenador.
O Kindle a proba de auga
Falando do Kindle podemos comentar tamén que no marco do CES de Las Vegas presentouse unha carcasa hermética para o Kindle que permite protexer o lector da auga, sendo capaz de soportar a súa submersión ata a 1 metro de profundidade, de xeito que sería ideal para os usuarios que queiran ler na praia ou na piscina, sen risco de danar o seu dispositivo de lectura.
Para mellorar a seguridade desta carcasa transparente, inclúe 3 cámaras que permiten a súa flotación, de xeito que pode evitarse a perda do Kindle no caso de caer á auga.
Amazon permite encargar a versión internacional do seu Kindle DX
Compartir Este Artigo
