
Aínda faltan bastantes pasos para a aprobación destas medidas, das que non se coñecerán detalles como a súa actual formulación ata o luns, e que agardan a súa tradución en Lei en febreiro de xeito que entre en vigor no verán.
A ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, compareceu ante a prensa para asegurar que están a facer «unha proposta equilibrada» que pretende harmonizar os dereitos «dos cidadáns como usuarios da Rede e de quen vive da cultura», afirmación non compartida por moitos usuarios moi activos ana Internet, que consideran que hai moitas ambigüidades no que pretende aprobar o Goberno, e incluso critican que os dereitos de autor estean protexidos por unha Comisión que goza dun procedemento exprés mentres que os maltratos, os impagamentos de pensións, o acaso laboral e moitos outros temas teñen que padecer os lentos procesos xudiciais (os que tamén deberán someterse posteriormente as páxinas web que non estean conformes co bloqueo aos seus contidos).
Prosperan os trámites para a creación dunha Comisión contra as páxinas web de descargas
Compartir Este Artigo
