Google está a centrar moitos dos seus últimos esforzos a mellorar a súa presenza no teléfonos móbiles, de xeito que están a acadar unha posición líder indiscutible, e para seguir nesa liña presentan Near Me Now, unha nova opción de busca que aparece nos iPhone e móbiles con Android 2.0.1 (ou superior) cando visitamos Google.com nos EE.UU., e que amosa información sobre negocios que están ao noso redor por orde de proximidade, podendo localizar así restaurantes, cafeterías, bancos…
O servizo tamén permite acceder a opinións dos usuarios sobre os establecementos, información que actualmente xa estaba dispoñible a través doutros servizos da compañía, pero que agora está máis doada de localizar.
Vídeo de presentación da nova funcionalidade de busca
Google facilita as buscas locais dende o móbil con Near Me Now
Compartir Este Artigo
