Dende o blog de Boy Genius Report, onde no pasado atinaron bastante ben ao adiantar información sobre futuros produtos de Apple, aseguran que o tablet que podería presentar a compañía de Cupertino en breve sería algo así coma un «iPhone con esteroides», con xestos multi-táctiles «fóra de control», un procesador ARM incriblemente rápido, usando o núcleo do iPhone e con K48AP coma número de modelo interno.
Amais, tamén comentarían que o sistema operativo do iPhone non tería estreado actualizacións nos últimos meses porque agocha moitas funcionalidades do novo produto, e Apple non quere que poidan adiantar as súas prestacións en base á análise do iPhone OS.
Aseguran que o tablet de Apple será un «iPhone con esteroides»
Compartir Este Artigo
