Pese a que xa existen plataformas de redes sociais moi consolidadas, iso non impide que nazan outras novas incluso en Galicia, de xeito que ao servizo de microblogging galego que opera baixo o dominio lareta.net únese agora Latri.ca, que busca destacar ofrecendo máis carácteres nas mensaxes que comparten os usuarios, argumentando que «160 non nos chegan aos galegos», polo que permiten 200 (superando a limitación de tamaño das mensaxes de texto dos móbiles, o que limitaría a versatilidade desta plataforma).
Esta nova iniciativa desenvolveuse pola galega Sinxelo baixo licenza Creative Commons, e polo momento ten un número de usuarios tan reducido que carece de utilidade, polo que haberá que agardar á súa evolución para ver se consegue prosperar este servizo de comunicación en galego.
Latri.ca, nova plataforma galega de microblogging
Compartir Este Artigo
