Dende a popular plataforma de xogos en liña para PC, Steam, realizan mensualmente un barómetro cos tipos de equipos que teñen os seus usuarios, e nos últimos meses está a sorprender a forza coa que entra Windows 7, pois cuadriplicaría a cota de uso que tería entre os internautas en xeral segundo outros estudos e indicadores. Así, nuns 4 meses Windows 7 estaría chegando a unha cota de usuarios de videoxogos en liña semellante ao que conseguiu Windows Vista en máis de 3 anos, o que podemos considerar todo un logro por parte de Microsoft, que finalmente estaría a conseguir que os usuarios pasasen o relevo que retiña o Windows XP, que pese a que segue a ser o sistema operativo máis utilizado de xeito independente, xa ten menos do 50% da cota de usuarios de Steam.
Se queremos debuxar o perfil dos equipos que xogan a través de Steam actualmente teriamos que funcionan cun procesador Intel de 2 núcleos, cun sistema operativo Windows Vista ou 7 con DirectX 10 e unha tarxeta gráfica de nVIDIA, imaxe coa que de seguro que identifícanse millóns de usuarios en todo o mundo.
Windows 7 está a ter un grande éxito entre os usuarios de videoxogos
Compartir Este Artigo
