O presidente do Congreso dos Deputados, José Bono, protagonizou esta mañá o que moitos considerarán como a anécdota do día, pois a iso das dez da mañá, durante o debate sobre o decreto relativo ao xornal dos controladores aéreos, o ordenador do presidente da cámara comezou a botar fume, ao que responderon os seus compañeiros utilizando os seus vasos de auga para evitar que non seguise a saír fume.
O accidente tería sido provocado polo cable de alimentación do ordenador, segundo a vicepresidente primeira da Mesa, Teresa Cunillera, pero curiosamente non foi rexistrado nin pola cámara de televisión do hemiciclo (fixa na intervención do deputado popular Andrés Ayala) nin polas cámaras dos fotógrafos que seguen habitualmente a información parlamentaria (que agardaban no patio a chegada da ministra de Economía, Elena Salgado).
Por fortuna o incidente non pasou de ser unha anécdota, aínda que dende estas liñas queremos lembrar que a reacción dos deputados ante o fume dun equipo informático foi bastante inconsciente (como as declaracións de Cunillera asegurando que botouse auga, que é o máis correcto e o máis elemental nestes casos
) pois a sistemas conectados á corrente eléctrica nunca debe botárselle auga, e no caso de incendio, debería sufocarse con extintores de po seco. No caso en cuestión (de fume, non de lume) o máis razoable sería desconectar o equipo da corrente eléctrica e afastarse mentres se disipe o fume.
O ordenador de José Bono no Congreso botou fume esta mañá
Compartir Este Artigo
