
Este novo concepto ten que desenvolverse en dúas liñas: a dos dispositivos e a dos contidos. Nesta última, Telefónica mantén contactos cos principais provedores, e incluso conta cun expositor no Mobile World Congress no que, co apoio de Santillana, Anaya e Vocento, presentan algúns exemplo do que permitirá esta tecnoloxía de dispositivos conectados dun modo aberto, coma serían guías de viaxe interactivas, revistas enriquecidas con contidos multimedia ou sistemas de formación infantil (para o que contan coa colaboración de Telefónica Learning Services).

Os dispositivos de lectura de e-books actuais son bastante limitados, resultando unha simple tradución dos contidos do papel a un formato electrónico, pero dende a división de Contidos e Aplicacións de Telefónica consideran que os «contidos dixitalizados van moito máis alá (..) dende o seu enriquecemento con formatos multimedia e interactivos, utilizando as capacidades dos terminais, as pantallas táctiles e os televisores existentes; a incorporación de datos referentes á conexión; o acceso á mesma información de xeitos moi diversos (dende un móbil, un PC, un dispositivo de lectura…) cunha adaptación da experiencia adaptada a cada un deles».
Telefónica quere entrar no negocio dos libros electrónicos ampliando as súas posibilidades
Compartir Este Artigo
