Nas últimas semanas, moitas son as novidades que veñen avanzando do sistema operativo móbil Android 2.1, mentres que moitos usuarios continúan coas versións 1.5 e 1.6, o que resulta moi frustrante para eles, pero segundo parece non vai haber problema en actualizar estes terminais, aínda que tal proceso dependerá do terminal no que se realice, de xeito que segundo a potencia dos mesmos terase acceso a unhas prestacións ou a outras e incluso aseguran que distintos móbiles, de querer actualizarse a Android 2.1, deberán facelo a través un proceso guiado por un PC (en vez dunha actualización automática) que precisa do borrado total do Android 1.x actual.
Nos EE.UU. agardan que a actualización chegue a moitos dos terminais que teñen no mercado durante o segundo trimestre do ano, mentres que en Europa é posible que haxa que agardar uns meses máis, principalmente porque é no mes de abril cando estiman a chegada dos primeiros terminais con Android 2.1 cargado por defecto, e de existir actualizacións para móbiles anteriores a tal sistema, podería supor unha devaluación dos novos modelos.
Os móbiles con Android 1.x poderán actualizarse a 2.1 (con limitacións)
Compartir Este Artigo
