Os posibles prezos do Nexus One en The Phone House (que poderían ser un bulo se atendemos a detalles como a que na imaxe está mal o propio nome do terminal)Os novos terminais telefónicos co sistema operativo Android 2.1 están a resistirse a chegar ao mercado español, e aínda que Vodafone xa anunciou que comercializará móbiles coma o Nexus One, o HTC Desire ou o HTC Legend, o primeiro destes terminais xa está á venda en Europa de xeito libre, o que parece que aproveitará a cadea de tendas The Phone House para ofertalo con contratos para particulares e autónomos tanto de Orange coma de Yoigo, con prezos que van dende os 399 aos os 619 euros, o que aparentemente só pagarán os consumidores que non queiran agardar a abril para renovar o seu terminal (posto que a primeiros de tal mes chegaría de xeito libre o HTC Desire por uns 499 euros, de aí que os prezos que supostamente teria The Phone House serían excesivos para un móbil subvencionado e cun compromiso de permanencia nun contrato con tarifa de datos).