O sistema operativo móbil Android está a ter certos problemas de fragmentación, e para fomentar o avance desta plataforma ás súas versións 2.x, dende Google iniciaron unha campaña a través da que reparten de balde terminais Motorola Droid e Nexus One a desenvolvedores de EE.UU., Hong Kong, Taiwan, Singapur, Noruega e Lichtenstein que teñan produtos que superen unha puntuación de 3,5 no Android Market e acumulen máis de 5.000 descargas únicas.
Con este premio buscan que os programadores continúen a traballar con Android, aproveitando as prestacións dos novos terminais, para que os móbiles adquiridos por eles o ano pasado non supoñan un lastre ao avance de Android.
Google regala móbiles Motorola Droid e Nexus One aos mellores programadores de Android
Compartir Este Artigo
