En 2007 comentamos o caso do borrado dun vídeo en YouTube cun bebé bailando a canción Let’s Go Crazy de Prince por mor dunha reclamación de copyright da Universal, e pese a que un ano despois un xuíz dera a razón Stephanie Lenz, nai do cativo, no que considerou que era un caso de bo uso da peza musical que non vulneraba os dereitos de reprodución musical, non é ata agora cando a causa xudicial remata, non só dándolle a razón a Lenz, senón que tamén obriga á Universal a pagar os custos procesais da parte demandante.
Ante este fallo a demandante podería presentar unha nova demanda contra a compañía musical por intromisión ilexítima nos seus dereitos cidadáns, pero segundo parece, poderían chegar a un acordo extradxudicial para evitar o pagamento dunha compensación económica elevada, un novo xuízo e a publicidade negativa que conlevaría.
Unha nai gaña a batalla xudicial polo borrado de YouTube un vídeo do seu cativo bailando
Compartir Este Artigo
