Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención ao Plan de Banda Larga 2010-2013, que achegará 232 millóns de euros para estreitar a fenda dixital e mellorar os servizos públicos de cara á cidadanía. Tamén facemos uso de códigos QR (ou BIDI) para achegar contidos en liña dende o teléfono móbil enriquecendo os contidos impresos.
Amais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
– Chegan dúas xuntanzas informáticas: Xuventude Galicia Net e Sobroso Party – Marcelino Fernández Mallo sácalle partido á Rede no seu blog – Rafael Valcarce, presidente do Clúster TIC de Galicia, fala dos seus obxectivos á fronte da alianza tecnolóxico-dixital – O Colexio de Arquitectos de Galicia propón impulsar as licenzas dixitais – Así-Red pon en marcha unha central de reservas turísticas libres de comisións – Ineo e Caixanova levan a Rede ao comercio – Investigadores novos galegos traballar para mellorar o Google Earth – Amosan en Barcelona o futuro dos móbiles – Entrevista a Santiago Cárdenas, director rexional de Tecnocom Galicia
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
