
Agora máis que nunca, a implantación de tecnoloxía innovadora é o aliado ideal para as Caixas de Aforros, en prol de mellorar a súa produtividade e eficiencia. As Tecnoloxías da Información e, en concreto, o software son imprescindibles nestes momentos como facilitadoras da innovación necesaria para mellorar significativamente a produtividade nos procesos comerciais e na xestión interna das Caixas de Aforros.
Carmen Arangure, directora comercial do Sector Financeiro de Microsoft Ibérica destacou que «dende Microsoft cremos que as TI son o único medio que pode lograr que unha Caixa de Aforros impulse á vez o aforro de custos, a produtividade e a innovación, alcanzando un novo nivel de eficiencia, ao tempo que lle permite poder dedicalo máis tempo a atender as súas prioridades de negocio e comerciais».
Microsoft e 40 caixas de aforros analizan os beneficios da tecnoloxía para mellorar a eficiencia e competitividade
Compartir Este Artigo
